Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53610

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 3 de decembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG número 107), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, en que se establece que este exercicio se cualificará de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos, así como na Resolución deste tribunal do 16 de outubro de 2019, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron as 50 mellores puntuacións, tendo acadado unha puntuación mínima distinta de cero (0) en catro (4) dos oito (8) supostos que contiña o caso práctico.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

Mª Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal