Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 110/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 110/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabino Ulla Puente contra a empresa Gandeiros Estradenses, S.C.L., sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia do 26.11.2019, impugnable en revisión no prazo de tres días, que se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gandeiros Estradenses, S.C.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza