Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 111/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicolás Miranda Piñeiro contra José Antonio Díaz Gil, sobre despedimento, se ditou o Decreto do 26 de novembro de 2019, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a José Antonio Díaz Gil, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza