Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53542

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 2 de decembro de 2019 pola que se substitúen varios membros do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, regula no seu artigo 16 a composición e o procedemento de nomeamento dos vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Conforme o previsto na dita lei a organización sindical Unión Xeral de Traballadores (UGT Galicia) realizou proposta de designación e de cesamento.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Substitución de vogais

Por proposta da organización sindical Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia):

En calidade de suplentes:

a) Disponse o cesamento de Víctor Fernández Prieto e de Luis M. Baneira Gómez.

b) Disponse o nomeamento de José Fernández Celis e de Mª Isabel González Jardón.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria