Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53652

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (157/2019).

Eu, José Antonio Romasanta Ageitos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, fago saber que no procedemento XVB 157/2019, por medio do presente edicto notifícase a Promonova Consulting, S.L. a sentenza do 28.10.2019, contra a cal cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde a data de publicación deste edicto.

Fáiselle saber que a dita resolución e as actuacións estarán á súa disposición nas oficinas do xulgado.

O Carballiño, 30 de outubro de 2019

O letrado da Administración de xustiza