Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53650

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (537/2019).

No presente recurso de apelación (LACN) nº 488/19, seguido por instancia de María Elisabeth Bouzas Lopo fronte a Nilson Barbosa de Almeida, dimanante do procedemento de nulidade nº 304/2014 do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados

Francisco Javier Menéndez Estébanez

Manuel Almenar Belenguer

María Begoña Rodríguez González

ditou, en nome do rei, a seguinte

Sentenza núm. 537/19

Pontevedra, 8 de outubro de 2019

Vistos en grao de apelación, ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de nulidade 304/2014, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 488/2019, en que aparece como parte apelante, María Elisabeth Bouzas Lopo, representada pola procuradora dos tribunais Francisca María Rodríguez Ambrosio, asistida polo avogado Antonio Alberto Calvar Carballo-Pérez e, como parte apelada, Nilson Barbosa de Almeida, que non compareceu nesta alzada; foi parte o Ministerio Fiscal e maxistrado relator Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos

Resolvemos

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de María Elizabeth Bouzas Lopo contra a sentenza do 11 de maio de 2017, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra no proceso de nulidade/divorcio nº 304/14, e confirmámola sen especial imposición de custas.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Seguen as rúbricas. Certifico.

E ao estar o dito demandado, Nilson Barbosa de Almeida, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin que lle sirva de notificación en forma.

Faise constar que a demandante goza do beneficio de xustiza gratuíta.

Pontevedra, 13 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza