Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 151/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 151/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Nieto Pol contra a empresa Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L. e Seimarin 2019, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Procede ampliar a presente execución fronte á entidade Seimarin 2019, S.L., en calidade de executada.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición, que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta nº 1596, clave 64 N, e indicar no campo concepto “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social- Reposición”. Se efectúa diversos pagos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda, manda e asina Carolina Nores Díaz, maxistrada do Xulgado de Social número 2 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza