Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (787/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 787/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Iglesias Pampín, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 787/2017, en que foron parte, como demandante, José María Iglesias Pampín, asistido pola letrada Sra. Insua Canosa e, como demandado, a empregadora María Filomena Pérez Rodríguez, que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, do mesmo xeito que o Fondo de Garantía Salarial, pronunciou esta sentenza, en nome do rei,

Resolución

Estímase a demanda interposta por José María Iglesias Pampín contra a empresa María Filomena Pérez Rodríguez e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.616,38 euros en concepto de salarios, cos xuros do 10 % por mora.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Filomena Pérez Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza