Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 54055

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento tramitado como expediente anticipado de gasto para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PE201B).

BDNS (Identif.): 486855.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou a pluralidade de persoas físicas que sexan pemes do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura, que terán como finalidade realizar investimentos:

1. Que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.

2. Que melloren a seguridade, hixiene, saúde e as condicións de traballo.

3. Que axuden á transformación de capturas de pescado comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.

4. Que se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.

5. Que se refiran á transformación de produtos da acuicultura ecolóxica en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) nº 834/2007.

6. Que dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento tramitado como expediente anticipado de gasto para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PE201B).

Cuarto. Importe

Para o ano 2020 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.723A.771.1 que figura dotada no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar para 2020. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán a 17.000.000 de euros distribuídos nas seguintes anualidades:

– Anualidade 2020: 7.000.000 de euros.

– Anualidade 2021: 10.000.000 de euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar