Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54326

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 12 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

BDNS (Identif.): 487300.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas que reúnan os requisitos previstos no artigo 5 das bases reguladoras.

Segundo. Obxecto e réxime

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante o ano 2020 (código de procedemento TU981B).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 12 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

Cuarto. Importe

A Axencia Turismo de Galicia financiará estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.A2.761A.480.0 (223.791,50 €) e 11.A2.761A.484.0 (cotas da Seguridade Social 647,60 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020. A contía máxima prevista será de douscentos vinte e oito mil catrocentos trinta e nove euros con dez céntimos (228.439,10 €).

A dotación económica das bolsas será a que se indica no seguinte cadro:

Cidade de destino

Nº de bolsas

Dotación euros (total)

Londres

1

29.252,30 €

París

1

23.477,00 €

Berlín

1

22.175,00 €

Lisboa

1

22.547,00 €

Miami

1

24.968,10 €

Bruxelas

1

29.252,30 €

Cantón

1

24.968,10 €

Roma

1

22.547,00 €

Dublín

1

29.252,30 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Sexto. Pagamento

O primeiro pagamento será do 20 % do importe total da bolsa, e realizarase unha vez que a persoa bolseira estea incorporada efectivamente ao seu destino; os dous pagamentos seguintes serán o 35 %, respectivamente. O cuarto pagamento será o 10 % da bolsa, unha vez finalizadas as prácticas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro;
DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia