Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 143/2019).

DSP Despedimentos/cesamentos en xeral 143/2019

Procedemento orixe: procedemento ordinario 143/2019

Sobre despedimento

Demandante: Vanessa Ces Ares

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro

Demandada: Orense Shoes, S.L.

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Vanessa Ces Ares contra Orense Shoes, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co nº de despedimento/cesamentos en xeral 143/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Orense Shoes, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 24.1.2020, ás 11.40 horas, na planta segunda (oficina xudicial) para a celebración do acto de conciliación e, en caso de non avinza, para a celebración do acto de xuízo ás 11.50 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio Xulgados, rúa Berlín, Santiago de Compostela, ao cal poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, e este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LJS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se tente valer (artigo 82.3 da LXS), e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de anticipa á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Téndose solicitado o interrogatorio de parte e sendo esta persoa xurídica, deben facerse as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón, devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O interrogatorio como demandado do representante legal de Orense Shoes, S.L.

Para ese efecto indícaselle que, se non comparece, poderanse ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resulten en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos:

– Contrato( s) de traballo da demandante desde o inicio ata o fin.

– Recibos de nóminas da traballadora do último ano de traballo.

– Boletíns de cotización á Seguridade social do mesmo período.

– Xustificación do tipo de formación realizada, así como horarios e identificación de titor/a que dirixía a acción formativa, así como a actividade laboral da traballadora.

– Control de horarios da traballadora do ano 2019.

Advírteselle que, se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán considerarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a sustanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo que se convoca (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar pola data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder quince días.

8º. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Orense Shoes, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza