Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54344

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 741/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 741/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diana Riveiro García contra as empresas Polbeiría Alfonsín, S.L., Marinovo, S.L. e Fogasa, sobre cesión ilegal de traballadores e reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Diana Riveiro García contra Polbeiría Alfonsín, S.L., Marinovo, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Polbeiría Alfonsín, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 532,50 euros brutos en concepto de salario de agosto de 2017 e liquidación de vacacións devindicadas e non desfrutadas máis o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e o do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir da presente resolución, e coa reasponsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos resultantes da aplicación do artigo 33 do ET.

2. Debo absolver e absolvo a mercantil Marinovo, S.L. das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Polbeiría Alfonsín, S.L. e Marinovo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza