Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública da modificación puntual número 23 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Concello de Vilanova de Arousa está iniciando a tramitación da modificación puntual nº 23 das Normas subsidiarias do planeamento municipal para a redelimitación do núcleo rural de Fonsín.

De conformidade co disposto nos artigos 78.2.a) da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia, e 191.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do solo, sométese o documento a información pública durante un prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e dous dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

O expediente poderá ser consultado na área de urbanismo do Concello, sita na Casa Consistorial, 3ª planta (praza do Concello, nº 1), de luns a venres, agás festivos, das 9.00 ás 13.00 horas.

Vilanova de Arousa, 2 de decembro de 2019

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde