Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54463

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de actuación municipal de Ponte Sampaio, de risco de inundacións por rotura da presa de Eiras.

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de novembro de 2019, adoptou o seguinte acordo de prestar aprobación definitiva do Plan de actuación municipal do Concello de Pontevedra, Ponte Sampaio, de risco de inundacións por rotura da Presa de Eiras –elaborado pola Xunta de Galicia e desenvolto e conformado pola xefatura do Servizo de Bombeiros e polo enxeñeiro xefe da Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas, Enxeñaría e Servizos–, documento modificado tras o informe da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil do 14 de xaneiro de 2019, composto de dous tomos conformados polo enxeñeiro municipal adscrito á OTMAIES en datas 5 de febreiro de 2019 e 6 de febreiro de 2019, que foi debidamente homologado ao abeiro do artigo 33 da Lei 5/2007, do 7 de maio, por acordo da Comisión Técnica Permanente de Protección Civil con data do 3 de setembro de 2019; e asemade, dispoñer que na súa publicación e no dilixenciamento do tomo 2 se proceda a substituír e actualizar a identidade da nova titular de gabinete de información e suplente da dirección do PAM, Eva Villaverde Pego; con inclusión tamén dos seus datos no anexo I que contén o directorio telefónico do PAM.

Un exemplar do plan aprobado para consulta pública estará á disposición de calquera persoa interesada, ademais de na sede electrónica https://sede.pontevedra.gal/public/dynamic/transparency/planninginfo/), nos servizos técnicos municipais (dependencias da OTMAIES, sitas na Casa do Concello, na praza de España, núm. 1), en horario de oficina.

Contra o acto que se notifica, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente desta orde de Pontevedra, nos 2 meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación (artigos 46 e 14 da Lei 29/1998). Non obstante, potestativamente, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano autor desta resolución, no prazo de 1 mes, contado desde o día seguinte ao da presente notificación (artigo 124 da Lei 39/2015). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se considere e sexa conforme a dereito.

O recurso de reposición deberase resolver e notificar no prazo dun mes e entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa e notificada (artigos 124 e 24.2 da Lei 39/2015). Neste caso, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte de aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado (artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998).

Pontevedra, 29 de novembro de 2019

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde