Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 26 de decembro de 2019 Páx. 54692

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 20 de decembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), modificado pola Orde do 23 de xullo de 2019 (DOG núm. 144, do 31 de xullo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (DOG núm. 68, do 9 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, a pregunta número 31 do cuestionario, que pasará a ser substituída pola pregunta de reserva número 47.

Segundo. Desestimar na súa totalidade o resto de reclamacións e alegacións presentadas en relación coas preguntas do cuestionario.

Terceiro. De conformidade co disposto na base 2.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 19 de novembro de 2019 en que, segundo o disposto na base 2.1.2.10 da convocatoria, se establecen e fan públicos os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, superaron este primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de corenta e cinco (45) puntos, fixándose en trinta e cinco (35) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación.

Feita a corrección e de acordo cos criterios sinalados polo Tribunal na dita Resolución do 19 de novembro de 2019, superaron o primeiro exercicio un total de 113 aspirantes.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo «funcionpublica.xunta.gal».

Quinto. De acordo co disposto na base 2.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, os aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para acreditar que posuían, antes do día de finalización do prazo disposto na base 1.3 da convocatoria, o Celga 2 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), para estar exentos da realización do segundo exercicio.

Sétimo. De conformidade co disposto na base 3.13 da Orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do Tribunal