O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 17 de setembro de 2019, acordou aprobar o expediente patrimonial e o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o procedemento para o alleamento, mediante poxa pública con proposición económica en sobre pechado, da parcela municipal núm. 172 do IPMS (parcela 3A resultante da xestión do ámbito «U.E 2 PERI U.A 2 SENSAT sita no Camiño da Igrexa 30, Alcabre), e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación por medio da publicación de anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1984/433).
Datos xerais do procedemento:
Órgano de contratación: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio na praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra).
Parcela que se vai allear: parcela 172 do IPMS que se corresponde coa parcela 3A resultante da xestión do ámbito U.E 2 PERI U.A 2 SENSAT sita no Camiño da Igrexa, 30, Alcabre.
Garantía provisional: 5 % do tipo de licitación.
Modalidade de alleamento: poxa pública á alza con proposición económica en sobre pechado.
Lugar de consulta do prego e documentación: oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante.
Prazo de presentación de ofertas: 45 días naturais desde a publicación do último anuncio da apertura da convocatoria ben no BOP ou no DOG.
Lugar de presentación de ofertas*: luns a venres: Rexistro da XMU, das 9.00 ás 13.30 horas.
No caso da presentación por outros medios segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por correo electrónico ao enderezo urb.scentrais@vigo.org. Ver cláusula 8.1 do prego regulador.
Forma de presentación de ofertas: a indicada no punto 8.2 do prego de condicións económico-administrativas, consonte os modelos anexos do referido prego.
Lugar e día do acto público de apertura de ofertas: na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, nos dez días hábiles seguintes á conclusión do prazo de admisión das diferentes posturas. As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante.
Descrición da parcela:
Parcela 172 PMS: parcela núm. 3A U.E 2 PERI U.A 2 SENSAT.
Situación: Camiño da Igrexa 30, Alcabre.
Ref. catastral: 9847448NG1794N0001JD.
Superficie da parcela: 158 m2, edificabilidade: 199 m3.
Inscrita no Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo, tomo 1149, libro 1144, folio 103, predio: 66456.
Cargas e gravames: ver descrición completa.
Tipo mínimo de licitación: 113.911,58 euros (máis IVE).
Vigo, 28 de novembro de 2019
O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo