Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 26 de decembro de 2019 Páx. 54909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO do acordo polo que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir un posto de traballo de persoal laboral fixo (oficial de servizos varios) mediante concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 229, do 28 de novembro de 2019, publicouse o anuncio do Acordo da Xunta de Goberno Local, do 7 de novembro de 2019, polo que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir un posto de traballo de persoal laboral fixo (oficial de servizos varios) mediante concurso-oposición.

As bases da convocatoria tamén están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica (orosal.sedelectronica.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O Rosal, 4 de decembro de 2019

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa