Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 26 de decembro de 2019 Páx. 54908

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para ampliación do Museo do Mar en San Cibrao.

Logo de aprobada inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a ampliación do Museo do Mar, mediante o Acordo do Pleno, do 28 de novembro de 2019, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello https://cervo.sedelectronica.es.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas:

– Parcela con ref. catastral 5795005PJ2359N0001RB.

– Parcela con ref. catastral 5795006PJ2359N0001DB.

A duración da suspensión é de dous anos.

Cervo, 4 de decembro de 2019

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde