Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019 Páx. 55454

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT804B).

BDNS (Identif.): 488286.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/inditex):

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, incluíndo as corporacións locais, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT804B).

Cuarto. Contía

O importe asignado é de setenta e cinco mil euros (75.000,00 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 31 de xaneiro de 2020.

Sexto. Outros datos

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen efectivamente realizados desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2020.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda