Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019 Páx. 55826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) en execución das sentenzas anulatorias do polígono 11 (O Castiñeiriño).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de outubro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) en execución das sentenzas anulatorias do polígono 11 (O Castiñeiriño), segundo o proxecto formulado pola Sección Municipal de Planeamento en outubro de 2019.

Segundo. Someter o expediente a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A documentación sometida a información pública abranguerá todos os documentos do expediente tramitado e incluirá:

– O resumo executivo que exixe o artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

– A Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, do 22 de novembro de 2018, pola que se formula o informe ambiental estratéxico.

Terceiro. En cumprimento do que dispón o número 7 do artigo 60 da Lei do solo de Galicia, o Concello trasladará a documentación á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo co fin de que este órgano outorgue audiencia aos municipios limítrofes e solicite os informes sectoriais autonómicos que resulten preceptivos.

Cuarto. Solicitarase informe ao Ministerio de Fomento sobre posibles afeccións a estradas de titularidade estatal.

O acordo de aprobación inicial determina ex lege, por aplicación do artigo 47.2 da LSG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contados desde a aprobación inicial.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida á exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Solicitude-de-inicio-de-avaliacion-ambiental-da-Modificacion-puntual-do-PXOM-en-execucion-das-sentenzas-anulatorias-do-poligono-11.-Castineirno/gl.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica