Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019 Páx. 55857

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO polo que se publican as bases xerais reguladoras para a constitución e o funcionamento das bolsas de emprego.

A Resolución da Alcaldía nº 973/2019, do 2 de decembro de 2019, aprobou as bases xerais reguladoras para a constitución e o funcionamento das bolsas de emprego no concello de Teo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña publicaranse integramente as bases da convocatoria. Así mesmo, poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal www.teo.gal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: https://www.teo.gal/gl/transparencia

Teo, 4 de decembro de 2019

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde