Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019 Páx. 55858

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de operario/a de servizos múltiples correspondentes ás ofertas de emprego público dos anos 2016 e 2017.

Resolución da Alcaldía nº 974/2019, do 2 de decembro de 2019, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de operario/a de servizos múltiples, mediante o sistema de concurso-oposición.

A Resolución da Alcaldía nº 974/2019, do 2 de decembro de 2019, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de operario de servizos múltiples, mediante o sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Portal de transparencia deste concello.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña publicaranse integramente as bases da convocatoria. As prazas teñen as seguintes características:

Praza. Denominación

Operario/a de servizos múltiples

Tipo persoal

Persoal laboral fixo

Corpo/escala

Oficial

Grupo/subgrupo

C/C2

Sistema selectivo

Concurso-oposición

Sistema de acceso

Libre

Número de prazas

2

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal www.teo.gal e no Portal de transparencia do Concello de Teo https://www.teo.gal/gl/transparencia.

Teo, 4 de decembro de 2019

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde