Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 78

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2019, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado por Orde de 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 16 e 17 de decembro de 2019, o tribunal nomeado por Orde do 24 de xullo de 2019 (DOG núm. 144, de 31 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado por Orde de 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, de 7 de marzo)

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das alegacións presentadas, anular a pregunta número 65. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 93, que se corresponde coa primeira pregunta de reserva da parte específica do programa.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 20 puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal o día 6 de novembro de 2019 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións, ata completar o número máximo de 25, sempre que obtivesen un número mínimo de 45 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta). As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa declarada apta que marque o corte consideraranse igualmente aptas aínda que se supere o número de aspirantes antes indicado (25). Asignarase a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha puntuación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo modo, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Cuarto. Feita a corrección na sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2019, e conforme os criterios anteriores, superaron o exame un total de 19 persoas aspirantes.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Darío Ferreiro Otero
Presidente do tribunal