Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 75

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ACORDO do 17 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado por Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño).

Na sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, adoptou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, as dez preguntas do primeiro exercicio da quenda de promoción interna seguintes: números 10, 50, 69, 75, 77, 80, 85, 87, 89 e 90. As catro primeiras pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 91, 92, 93 e 94, polo que o cuestionario definitivo do exercicio pasa a ter un total de 84 preguntas.

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas, as dez preguntas do primeiro exercicio da quenda de acceso libre seguintes: números 40, 80, 99, 105, 107, 110, 115, 117, 119 e 120. As catro primeiras son substituídas polas preguntas de reserva números 123, 124, 125 e 126, polo que o cuestionario definitivo do exercicio pasa a ter un total de 114 preguntas.

Terceiro. Cambiar a resposta correcta da pregunta 82 do primeiro exercicio da quenda de promoción interna, que pasa da resposta a), incorrecta, á resposta b), correcta.

Cuarto. Cambiar a resposta correcta da pregunta 17 do primeiro exercicio da quenda de acceso libre, que pasa da resposta d), incorrecta, á resposta a), correcta; e cambiar a resposta correcta da pregunta 112 do primeiro exercicio da quenda de acceso libre, que pasa da resposta a), incorrecta, á resposta b), correcta.

Quinto. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Sexto. Con base no acordado nos puntos primeiro e segundo anteriores, e tendo en conta o número total de preguntas válidas do cuestionario do primeiro exercicio, reaxústase proporcionalmente o número mínimo de respostas correctas necesario para superar o exercicio, que se establecerá na metade das preguntas do cuestionario para cada quenda, 60 na quenda de acceso libre e 45 na de promoción interna, no Acordo deste tribunal, do 19 de novembro de 2019, e pasa a ser a metade das preguntas válidas en cada quenda, un número mínimo de 57 respostas correctas na quenda de acceso libre e 42 respostas correctas na quenda de promoción interna, unha vez feita a dedución correspondente por respostas incorrectas. En consecuencia, asignarase a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtiveron un número de 57 respostas correctas na quenda de acceso libre ou un número de 42 respostas correctas na quenda de promoción interna, unha vez feita a dedución por respostas incorrectas. O resto das persoas que superen eses números de respostas correctas nas correspondentes quendas, unha vez feita a dedución por respostas incorrectas, terá unha puntuación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (feitas as deducións por incorrectas). Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda (entre 0 e 20 puntos) ás persoas aspirantes que tiveron menos de 57 respostas correctas na quenda de acceso libre ou menos de 42 respostas correctas na quenda de promoción interna, unha vez feita a dedución por respostas incorrectas.

Sétimo. De conformidade co acordado no punto anterior e co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo: a) as persoas aspirantes da quenda de promoción interna que obtiveron unha puntuación mínima de 20,63 puntos, fixándose en 43.333 as respostas correctas, feitas as deducións previstas na devandita base da convocatoria, necesarias para acadar dita puntuación; e b) as persoas aspirantes da quenda de acceso libre que obtiveron unha puntuación mínima de 20,00 puntos, fixándose en 57,000 as respostas correctas, feitas as deducións previstas na devandita base da convocatoria, necesarias para acadar a dita puntuación.

Oitavo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es).

Noveno. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Décimo. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Antonio Rigueiro Rodríguez
Presidente do Tribunal