Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 69

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS320A).

A Consellería de Política Social convocou, para o ano 2019, a través da Orde do 24 de xuño de 2019 as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

O artigo 17 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2019. Esta data foi ampliada en virtude da Orde do 16 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 202, do 23 de outubro), que establece como data límite para a presentación da xustificación o día 30 de novembro de 2019.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do artigo 17 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento para as entidades de acción voluntaria e para as entidades locais beneficiarias, respectivamente.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 18 da dita orde indica que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establece que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de entidades beneficiarias requiridas para emendar as xustificacións que non estean debidamente cubertas e/ou presentar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o facer, de conformidade co artigo 18.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS320A 2019/001

Concello de Cangas - Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

– Anexo III: revisar os importes imputados de acordo co indicado na solicitude e detallar as nóminas indicando as datas de emisión, recoñecemento da obriga e data de pagamento.

– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (art. 4.1.c).

BS320A 2019/009

Fundación Ingada

G70394374

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 17.2.d).3º).

– Presentar facturas orixinais (art. 17.2.d).

– Documentación acreditativa do pagamento dos gastos de manutención e desprazamento ás persoas voluntarias (art. 17.2.d).2º).

– Presentar xustificante da declaración de retención da factura 01/2019 e o xustificante de pagamento.

BS320A 2019/022

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

– Memoria económica: corrixir de acordo do anexo IV (art. 17.2.b).

– Anexo IV: corrixir de acordo coa solicitude.

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 17.2.d).3º).

BS320A 2019/029

Asociación Socioeducativa para la Educación, Aseduc

G70067830

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (art. 17.2.a).

– Igualar no anexo IV e na memoria económica os importes de gastos do proxecto. Achegar factura R220007426143 orixinal e o seu xustificante de pagamento.

– Achegar recibo orixinal dos pagamentos ás persoas voluntarias.

BS320A 2019/034

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a).

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 17.2.d).3º).

– Revisar o punto 1.2.1 da memoria de actividades (compromiso de colaboración).

– Anexo IV: corrixir de acordo cos xustificantes dos gastos presentados e de acordo coa solicitude, corrixir o DNI do voluntario A.V.S.

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas, xustificantes de pagamento e TC2 (art. 17.2.d).

BS320A 2019/035

Fundación Abrente

G70397849

– Memoria de actividades (art. 17.2.a.).

– Memoria económica (art. 17.2.b).

– Anexo IV: detallar os gastos correntes de acordo cos xustificantes de gastos presentados, xunto coa documentación establecida no art. 17.2.d).

– Anexo II: adaptar ao anexo IV.

– Achegar acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito e da súa asociación á conta da entidade (art. 17.2.d).1º).

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 17.2.d).3º).

BS320A 2019/036

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

– Anexo III.

– Anexo V.

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (art. 17.3.a).

BS320A 2019/051

Asociación pola Igualdade e a Coeducación, Apico

G94088549

– Anexo IV: corrixir de acordo coa solicitude.

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas (art. 17.2.d.).

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a).

BS320A 2019/058

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 17.2.d).3º).

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (art. 17.2.d).

– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (art. 17.2.d).

– Modelo 111 do 3º trimestre e os xustificante de pagamento.

BS320A 2019/061

Concello da Veiga

P3208400F

– Conta xustificativa (art. 17.3.d).

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (art. 17.3.a).

– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (art. 4.1.c).

BS320A 2019/063

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

– Memoria de actividades (art. 17.2.a.).

– Memoria económica (art. 17.2.b).

– Presentar facturas orixinais (art. 17.2.d).

– Anexo IV: corrixir de acordo cos xustificantes dos gastos presentados e de acordo coa solicitude.

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a).

BS320A 2019/065

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

– Anexo II.

– Memoria económica (art. 17.2.b).

– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (art. 17.2.d).

BS320A 2019/069

Asociación de Vecinos Afectados por Infraestructuras en el Municipio de Cambre

G15928088

– Anexo II.

– Anexo IV, xunto co orixinal de cada factura, o seu xustificante de pagamento e xustificante de pagamento ás persoas voluntarias (art.17.2.d).

– Anexo V.

– Memoria de actividades (art. 17.2.a).

– Memoria económica (art. 17.2.b).

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a).

BS320A 2019/070

Asociación Tesouros de Galicia

G94065000

– Anexo II.

– Anexo IV, xunto co orixinal de cada factura, o seu xustificante de pagamento e xustificante de pagamento ás persoas voluntarias (art.17.2.d).

– Anexo V.

– Memoria de actividades (art. 17.2.a).

– Memoria económica (art. 17.2.b).

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a).

BS320A 2019/071

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

– Anexo III: revisar os importes imputados de acordo co indicado na solicitude.

– Conta xustificativa: con indicación das datas de recoñecemento das obrigas coas persoas voluntarias (art. 17.3.d).

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (art. 17.3.a).

BS320A 2019/073

Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, FGCMF

G36231561

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas (art. 17.2.d).

BS320A 2019/074

Concello de Cervo

P2701300B

– Anexo III: corrixir a cantidade total dos gastos das persoas voluntarias, de acordo co indicado na conta xustificativa.

– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (art. 4.1.c).

BS320A 2019/077

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

– Anexo II.

– Anexo IV, xunto coa documentación establecida no art. 17.2.d).

– Memoria de actividades (art. 17.2.a).

– Memoria económica (art. 17.2.b).

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a).

BS320A 2019/078

Asociación Sustinea

G32422834

– Presentar anexo II para o procedemento BS320A e adaptar os datos dos puntos quinto e terceiro ao indicado no anexo IV.

– Anexo IV: corrixir de acordo cos xustificantes dos gastos presentados e de acordo coa solicitude, corrixir o DNI de M.M.A.V.

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 17.2.d).3º).

– TC2 das nóminas presentadas.

BS320A 2019/080

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

– Memoria de actividades (art. 17.2.a).

– Memoria económica (art. 17.2.b).

– Anexo IV: revisar o importe do gastos total.

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (art. 17.2.d), xunto con TC1, TC2 e modelos 111 das nóminas presentadas e o xustificante de pagamento de TC1 e modelos 111.

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a).

BS320A 2019/083

Asociación Ecos do Sur

G15354483

– Anexo IV: completar e corrixir de acordo cos xustificantes dos gastos presentados e de acordo coa memoria económica e a solicitude.

– Memoria económica: corrixir o gasto da nómina de outubro de acordo co art. 17.2.d).4º.

– Presentar a factura CIO915026938 e o documento acreditativo do pagamento (art. 17.2.d).

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas, documentos bancarios de pagamento e modelo 111 do 2º e 3º trimestre e o seus xustificantes de pagamento (art. 17.2.d).