Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 99

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 129/2019).

Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 129/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Lustres Pérez contra o Fondo de Garantía Salarial, Industria Gallega Posvil, S.L., ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Daniel Lustres Pérez contra a entidade Industria Gallega Posvil, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Industria Gallega Posvil, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.397,01 euros brutos en concepto de cantidades debidas por pagas extra de decembro de 2017 e xullo de 2018, como a compensación económica polas vacacións non gozadas, omisión de aviso previo incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e a contía de 884,59 euros en concepto de indemnización por fin de contrato.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, debendo salientar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Industria Gallega Posvil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza