Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 567/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 567/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Quintana Lourido contra a empresa Eurofrut Santiago, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa resolución se xunta:

«Resolución:

Que estimando substancialmente a demanda interposta por Beatriz Quintana Lourido contra Eurofrut Santiago, S.L., Luis Alberto Pombo Fernández como administrador concursal de Eurofrut Santiago, S.L., Hiper Frutas Santiago, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola mercantil Eurofrut Santiago, S.L. con data de efectos do día 28 de xuño de 2019 e, ao non ser posible a readmisión da traballadora demandante, debo declarar e declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral existente entre a demandante e as mercantís demandadas.

2. Debo condenar e condeno as mercantís Eurofrut Santiago, S.L. e Hiper Frutas Santiago, S.L. a se ater á anterior declaración e a que, de forma solidaria, lle aboen á demandante a suma de 26.262,15 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución e a suma de 7.050,19 euros brutos en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, de ser o caso, procedan respecto da dita suma en fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación da demandante noutro emprego, de ser o caso, durante o dito período de salarios de tramitación e en función do salario que, de ser o caso, estea percibindo no seu novo emprego.

3. Debo condenar e condeno a Luis Alberto Pombo Fernández como administrador concursal de Eurofrut Santiago, S.L., na súa soa condición de tal, a se ater ás anteriores declaracións e condena da mercantil concursada.

4. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

5. Debo condenar e condeno as mercantís Eurofrut Santiago, S.L. e Hiper Frutas Santiago, S.L., de forma solidaria, ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante por importe de 200 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurofrut Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza