Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da convocatoria para a selección de 28 auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral fixo, mediante concurso oposición libre, incluída na oferta de emprego público de 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 277, do 3 de decembro de 2019, foron publicadas integramente as bases da convocatoria para a selección de 28 auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral fixo, mediante concurso oposición libre (proceso de estabilización de emprego temporal), grupo (equivalencia): A.P.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Guitiriz, 3 de decembro de 2019

Marisol Morandeira Morandeira
Alcaldesa