Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da convocatoria para a selección de tres peóns de servizos múltiples como persoal laboral fixo, mediante concurso oposición libre, incluída na oferta de emprego público de 2017 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 277, do 3 de decembro de 2019, foron publicadas integramente as bases da convocatoria para a selección de 3 peóns de servizos múltiples como persoal laboral fixo, mediante concurso oposición libre (proceso de estabilización de emprego temporal), grupo (equivalencia): C2.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Guitiriz, 3 de decembro de 2019

Marisol Morandeira Morandeira
Acaldesa