Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2020 Páx. 323

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Irixoa

ANUNCIO de notificación do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies
arbóreas en Portogaín-Mántaras (expediente 2019/X998/34).

Incoado expediente de xestión da biomasa e retirada de árbores nas parcelas de referencia catastral que se citan, conforme a Lei galega 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, intentouse a notificación á persoa indicada, con resultado infrutuoso e sendo devolta polo servizo de Correos coa indicación de descoñecido.

Persoa responsable e título

P.M.G. (DNI 32300988H), propietario. A parcela nº 921 figura no catastro a nome de herdeiros de Manuel Martínez López

Referencias catastrais

15040A039007500000PA + 15040A039009210000PM

Localización

Abeleiras-Portogaín (Mántaras)

Uso e cualificación urbanística

Agrario-rústico de protección Agropecuaria

Actuación infractora

Incumprimento pola persoa responsable da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación co inmoble

Obriga incumprida

A imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

Observacións

Denuncia de Xosé Manuel Pan Mosquera; a parcela 921 está practicamente incluída na súa totalidade oeste na franxa de 50 m de protección da vivenda do denunciante; neste tipo de solo non se permiten as novas repoboacións forestais; a parcela 750 só ten incluído nesa franxa un pequeno pico no seu sur

Conforme o establecido no artigo 22 da citada lei, neste suposto procede a publicación de senllos anuncios no BOE e DOG; en consecuencia comunícase ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e, se é o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas, concedéndolles un prazo de quince (15) días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, co apercibimento e coa advertencia de que:

1º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, este concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento deste ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, coa facultade deste último de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, agás no suposto excepcional de inmoble coa cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

2º. No caso de proceder a execución subsidiaria, o concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados, de ser o caso, os traballos. A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa. Sen prexuízo do axuste que corresponda polo estado vexetativo e condicións físicas da parcela, indícase que se considera que os traballos de execución subsidiaria correspondentes terán un importe que non baixarán de 800 euros/hectárea (no caso de asinar un contrato de xestión de biomasa con Seaga, o importe reduciríase ata 350 euros/hectárea/ano).

3º. En caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia):

– O Concello de Irixoa nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se atopen en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.

– A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en todos os demais casos (solo rústico).

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer: 1.000,00 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Irixoa, 12 de decembro de 2019

Antonio Deibe Sanmartín
Alcalde