Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 592

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 174/2014).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social número 174/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Martínez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Mutua Universal, Mutua Fremap, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Isalcor Valga, S.L., Atesvi, S.L. e os administradores concursais Javier López Romero e Sociedad Profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L.P., se acordou citar a Isalcor Valga, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 18.2.2020, ás 10.30 horas, para a celebración do acto de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Isalcor Valga, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza