Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 594

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 345/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 345/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Mosquera Cabanas contra Enasa System, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019.

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Samuel Mosquera Cabanas fronte a Enasa System, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 3.864,39 euros, máis o 10 % de xuro.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, acredite ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enasa System, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza