Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 578

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 22 de maio de 2019 pola que se publica a oferta de emprego público de prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2019.

No Diario Oficial de Galicia do 5 de xuño de 2019 publicouse, por Resolución reitoral do 22 de maio de 2019, a oferta pública de emprego de prazas de persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña para o ano 2019. A devandita resolución ofertou, pola quenda de acceso libre, tres prazas da escala técnica de especialistas, subescala informática, subgrupo C1 (páxina 27165 do referido DOG).

Motivado polo reingreso dun funcionario en situación de excedencia voluntaria por interese particular da escala técnica de especialistas, subescala informática, subgrupo C1, produciuse unha diminución do número de postos vacantes para ofertar nun proceso selectivo.

Logo da negociación coa Xunta de Persoal do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña, e coa aprobación da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, con data do 16 de decembro de 2019, e aprobada no Consello de Goberno da Universidade na súa sesión do 17 de decembro de 2019, coa finalidade de non minorar a oferta global decídese modificar o anexo I e substituír unha praza da escala técnica de especialistas, subescala informática, subrupo C1 por outra vacante correspondente á escala técnica de especialistas, subescala construción, subgrupo C1, segundo consta no anexo.

A Coruña, 20 de decembro de 2019

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala

Subescala

Subgrupo

Nº de prazas

Escala técnica de grao medio

I+D

A2

1

Deportes

A2

1

Escala técnica de especialistas

Actividades culturais

C1

1

Química

C1

1

Informática

C1

2

Construción

C1

1

Escala administrativa da Universidade da Coruña

C1

6