Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 576

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se procedeu á convocatoria pública, para a anualidade 2019, das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual.

Feitos.

Primeiro. A Orde do 19 de setembro de 2016 aprobou o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e estableceu as bases reguladoras para a concesión das axudas.

Mediante Resolución da presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 28 de decembro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 25, do 5 de febreiro, convocáronse para a anualidade 2019 as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual.

Segundo. O ordinal décimo sexto, número 2, da Resolución do 28 de decembro de 2018 establece que serán denegadas aquelas solicitudes de axudas de subsidiación dos xuros que non dispoñan de cobertura orzamentaria no momento da súa resolución. Para estes efectos, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes no rexistro do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Para tal fin, considerarase data de presentación aquela en que a solicitude estea validamente cuberta e acompañada da totalidade dos documentos exixidos nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas coa documentación completa, a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito para a anualidade 2019 tiña a data de entrada no rexistro do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 23 de outubro de 2019 ás 18.26 horas.

Consideracións xurídicas.

Primeira. O ordinal décimo sexto, número 2, da Resolución do 28 de decembro de 2018 establece que serán denegadas aquelas solicitudes de axudas de subsidiación dos xuros que non dispoñan de cobertura orzamentaria no momento da súa resolución.

Segunda. Os artigos 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 32 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establecen que cando o procedemento administrativo establecido non comporte o esgotamento do crédito nun único acto de concesión, senón que a súa disposición se realice en actos sucesivos, o órgano xestor deberá publicar, no DOG e na súa páxina web o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

En virtude do exposto anteriormente, e de acordo co establecido no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Dar a coñecer o esgotamento, con data do 23 de outubro de 2019 ás 18.26 horas, do crédito destinado a sufragar as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo