Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases do proceso de selección para a provisión en propiedade de dúas prazas de funcionario/a de carreira por promoción interna vertical.

No Boletín Oficial da provincia nº 232, do 5 de decembro de 2019, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía nº 203, do 8 de novembro de 2019, relativas á seguinte convocatoria:

– Dúas prazas de funcionarios de carreira. Grupo C. Subgrupo C1. Escala Administración xeral. Subescala administrativa. Denominación: administrativo/a, por promoción interna vertical, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Negreira, 11 de decembro de 2019

Manuel Ángel Leis Míguez
Alcalde presidente