Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación do Concello de Meaño, en sesión ordinaria do 29 de novembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1º. Aprobar inicialmente, ao abeiro do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do artigo 144.5 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento de aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Meaño, redactado por Urbes Gestión del Suelo, S.L. e subscrito por Sandra Barbeito Méndez, arquitecta, Beatriz Piñeiro Gondar, avogada e Roi Barbeito Méndez, enxeñeiro industrial, e datado en abril de 2019.

2º. Someter o documento da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Meaño, redactado por Urbes Gestión del Suelo, S.L. e subscrito por Sandra Barbeito Méndez, arquitecta, Beatriz Piñeiro Gondar, avogada e Roi Barbeito Méndez, enxeñeiro industrial, e datado en abril de 2019, xunto cos documentos integrantes do expediente tramitado, a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, dando cumprimento ao artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e ao artigo 144.5 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; dáse traslado desta documentación ao órgano competente en materia de urbanismo, o cal realizará as consultas previstas no documento de alcance do estudo ambiental, dará audiencia aos municipios limítrofes, solicitará os informes sectoriais autonómicos preceptivos e solicitará ao Concello os demais informes sectoriais que resulten preceptivos.

3º. Este acordo de aprobación inicial determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento no caso en que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a data da aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Esta suspensión tamén estará referida ás licenzas de parcelación, edificación e demolición.

A suspensión poderá referirse a todas ou algunha das actividades citadas, e non afectará:

a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

b) As licenzas de primeira ocupación.

c) Os proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a revisión ou modificación deste, sempre que esta fose aprobada inicialmente.

d) Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento».

O que se fai público para que durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida á exposición pública estará ao dispor dos interesados na Secretaría-Intervención do Concello de Meaño e no seguinte enderezo web do Concello https://concellodemeano.sedelectrónica.gal/transparency/.

Meaño, 12 de decembro de 2019

Carlos Viéitez Fernández
Alcalde