Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 930

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 105/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 105/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Rodríguez Rodríguez, Francisco Cabado Fidalgo e Jesús Sancosmed Fernández, contra a empresa Palex Ibérica, S.L., sobre despedimento, se ditou auto do 2.12.2019, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Palex Ibérica, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza