Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 225/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 225/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra Servicios de Ingeniería y Montajes Alen, S.L., Neo Energy Solutions, S.L.B., Raam Logistic, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o once de decembro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Non procede despachar a execución interesada fronte á mercantil Servicios de Ingeniería y Montajes Alen, S.L. por encontrarse en fase de liquidación concursal.

– Despachar orde xeral de execución da Sentenza 303/2019 do 17.6.2019 ditada no procedemento ordinario 296/2018 a favor da parte executante, Manuel Bertrand Pérez Peña, fronte a Neo Energy Solutions, S.L.B., Raam Logistic, S.L. e o Fogasa, parte executada, en forma solidaria, por importe de 6.258,86 euros en concepto de principal (5.618,13 euros en concepto de salarios e gastos de viaxe, 600,67 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais, que comportan 4.596,3 euros, 40,06 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos non salariais, que comportan 1.021,83 euros), máis outros 625,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o once de decembro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Neo Energy Solutions, S.L.B., Raam Logistic, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, Manuel Bertrand Pérez Peña, e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Ingeniería y Montajes Alen, S.L., Neo Energy Solutions, S.L.B., Raam Logistic, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza