Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 905

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2019 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 27 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 191, do 1 de outubro).

De acordo coas bases xerais para a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades, o tribunal fará pública e elevará á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/as aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar, no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, axustada ao modelo oficial (PR473B) que se publicou como anexo II na Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 1 de outubro), xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición quinta da resolución de convocatoria, e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de Servizos Centrais.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 6,08 euros.

Terceiro. Contra a presente resolución, que non esgota á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 20 de decembro de 2019

Santiago Vilanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Abalde Costa, Ángel

Acuña Álvarez, Rubén

Álvarez Santos, José Manuel

Cabrinetty Abalde, Samuel

Casais Regueiro, Manuel José

Cebollo García, José María

Gallego Abad, Antonio Joaquín

González Rodríguez, Manuel

Martínez Rodríguez, Javier

Morales Ordóñez, Dunieski

Niang, Abdou Aziz

Nzouognon, Valery

Ogando Carrera, Manuel

Ortiz Lara, Gari Óscar

Picón Lombera, Fernando

Rivas Granda, Sonia

Rodríguez Alonso, Carlos

Rodríguez Arís, José Manuel

Rodríguez Arís, Plácido

Rodríguez Montero, Óscar

Rodríguez Rodríguez, Manuel José

Santos Bóveda, Juan Carlos

Viale Estévez, Marcos