Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2020 Páx. 1227

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo).

Nas sesións que tiveron lugar os días 17 e 23 de decembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, adoptou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas polos aspirantes, as preguntas 60 e 72 do primeiro exercicio da quenda de promoción interna. Tales preguntas pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 91 e 92, igualmente no primeiro exercicio da quenda de promoción interna.

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas polos aspirantes, as preguntas 92 e 104 do primeiro exercicio da quenda de acceso libre. Tales preguntas pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 123 e 124, igualmente no primeiro exercicio da quenda de acceso libre.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos. Dado que non foi necesario rebaixar o número final de preguntas válidas, mantense a porcentaxe fixada no Acordo do 21 de novembro de 2019 deste mesmo tribunal, de xeito que se asignará a valoración de vinte (20) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtivesen un número de sesenta (60) respostas correctas na quenda de acceso libre ou un número de corenta e cinco (45) respostas correctas na quenda de promoción interna, unha vez feita, en ambos os dous casos, a dedución por respostas incorrectas.

Quinto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es).

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde de convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

Laura González-Carrero Fojón
Presidenta do tribunal