Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2020 Páx. 1209

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2020.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 15, asígnalle á consellería competente en materia de administracións públicas a formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

En concreto, esta función correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende esta función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.

Neste sentido, o Plan de formación da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). O feito de aglutinar a formación destinada aos distintos colectivos nun único instrumento responde á necesidade de dotar de unidade e coherencia o conxunto da acción formativa.

A EGAP, como organismo encargado da formación do persoal empregado público e a través do plan de formación, comprométese coa mellora continua das administracións públicas e coa súa adaptación permanente ás necesidades da contorna que nel actúan, co obxectivo de servir e crear valor público para a sociedade. Así, o plan quere ser un instrumento que permita a actualización de coñecementos e competencias profesionais e que incorpore aquelas novidades lexislativas e de funcionamento das administracións e, para tal efecto, integra as accións estratéxicas para a formación e a actualización profesional do persoal ao servizo deste sector público, a través dunha oferta coa que mellorar a súa cualificación e capacitación profesional.

Para elaborar o plan tivéronse en conta as necesidades formativas dos diversos organismos: as distintas consellerías da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza, a Dirección Xeral de Administración Local, así como tamén das tres universidades do Sistema universitario de Galicia. Ademais, colaboraron as persoas responsables de coordinar a formación en cada un dos centros directivos e tamén docentes e persoas expertas nos distintos campos formativos. Incorpóranse tamén achegas do propio persoal destinatario da formación, o cal, a través das súas valoracións e suxestións, desempeña un importante labor á hora de facer do plan un verdadeiro instrumento para a mellora continua do sector público de Galicia.

Así mesmo, na súa configuración, tívose en conta a demanda real rexistrada nos cursos e os resultados da avaliación das actividades desenvoltas nos anos anteriores, co propósito de sustentar o seu deseño nunha sólida base de coñecemento acerca dos niveis de satisfacción do alumnado coas actividades realizadas nas distintas modalidades formativas. Grazas a esta avaliación permanente dos plans formativos é posible deseñar unha programación formativa de calidade e verdadeiramente adecuada ás necesidades e expectativas das persoas que acceden á formación. Precisamente unha das conclusións extraídas deste seguimento é a cada vez maior preocupación e interese do persoal empregado público por formarse e a resposta a esta demanda no Plan de formación para 2020 é que este presenta un incremento importante tanto no número de actividades como no de edicións e de prazas que se ofertan.

Na definición dos contidos que integran o plan procurouse, por outra parte, unha maior adaptación aos compromisos adquiridos pola EGAP ao abeiro dos distintos plans sectoriais de que forma parte, o cal se traduciu nun reforzo das actividades relacionadas con materias de relevancia social; co obxecto de promover a capacitación e concienciación sobre diversas problemáticas en que se está traballando desde as administracións, e mellorar así a cualificación dos/das empregados/as públicos/as en ámbitos que teñen unha incidencia directa no benestar da cidadanía.

Polo demais, o plan volve a apostar este ano polas diferentes contornas de aprendizaxe e metodoloxías, mediante a distribución da oferta formativa nas modalidades de autoformación, teleformación y docencia presencial, ás cales en 2020 se unirá a telepresenza. Esta pluralidade de formatos, modalidades e metodoloxías constitúe outra das liñas distintivas do plan, que ten o obxectivo de facilitar a formación continua do persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, ao eliminar calquera posible barreira no acceso e promover a conciliación da vida laboral e familiar. Deste modo, a EGAP, afondando nunha acción estratéxica consolidada nestes anos, continúa potenciando o seu espazo virtual de coñecemento, cunha formación en liña, ampla e diversificada, mediante a cal o alumnado poida xestionar o seu proceso de aprendizaxe. A aposta polas modalidades de formación non presencial garante a equidade no acceso aos contidos máis demandados.

Con este mesmo fin de favorecer a conciliación, incorpórase a telepresenza como nova modalidade formativa, e tras o paso dado en anteriores anos e o éxito obtido, mantense a organización das probas de avaliación de forma integramente descentralizada. Grazas a isto, o Plan de formación de 2020 presenta unha clara vocación de proximidade ao/á empregado/a público/a.

Esta liña metodolóxica adáptase ademais á natureza heteroxénea do plan de formación que está integrado por accións formativas de carácter transversal e específico. As primeiras teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal orientado a capacitar o alumnado para o desenvolvemento das funcións que constitúen as bases da organización da Administración. Pola súa parte, as específicas comprenden o conxunto de actividades cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo, incluíndo contidos sectoriais relativos a competencias concretas.

Respecto á estruturación dos programas formativos que integran o plan, en 2020 ofrecerase de novo unha oferta común nas actividades encadradas no portal de idiomas, no plan ofimático e no programa de autoformación, ás cales novamente poderán acceder todos os empregados e empregadas públicos de Galicia. Con esta medida, ademais de ampliar a oferta formativa, promóvese unha xestión máis eficiente e unha maior racionalización no que respecta á cobertura das prazas, e garántese que todos os colectivos destinatarios do plan formativo, con independencia da Administración a que pertenzan, poidan acceder a esta formación de carácter transversal.

En liña co anterior, elaborouse un plan específico de formación en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero para que os distintos colectivos de empregados/as públicos/as incluídos neste plan poidan acceder á totalidade das actividades programadas nesta materia. Ademais, o plan vén a reforzar amplamente a oferta formativa nestes contidos e iso a través dun importante incremento no número de actividades específicas e prazas de formación. Estas actuacións teñen o propósito de fomentar a integración da igualdade de oportunidades en todas as actuacións das administracións públicas de Galicia, co que se contribuirá a avanzar cara á consecución da igualdade real e efectiva e á erradicación da violencia de xénero na sociedade.

O plan integra unha oferta formativa ampla e diversificada, coa cal se pretende dar resposta satisfactoria ás necesidades reais de cualificación do persoal ao servizo das administracións públicas, atendendo ás novidades lexislativas, incluíndo materias de actualidade e ofertando novos cursos que abordan a análise da lexislación administrativa desde unha perspectiva máis práctica. Ademais préstase especial atención ás necesidades derivadas dos avances tecnolóxicos, co fin de que os/as empregados/as públicos/as dispoñan dunha cualificación específica e duns coñecementos actualizados que os/as capacite para seren axentes clave tanto na implantación das TIC no sector público, coa promoción do seu uso intensivo e do aproveitamento de todas as súas potencialidades, como na consolidación da Administración electrónica no ámbito das administracións públicas de Galicia.

En definitiva, a EGAP presenta o Plan de formación para o ano 2020 coma unha clara aposta polo desenvolvemento profesional das persoas ao servizo da Administración pública que redundará na mellora da calidade dos servizos prestados á cidadanía.

Finalmente, é preciso destacar que esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada a existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e ao que se estipule en cada convocatoria. Asemade, débese advertir que quedan excluídas as actividades derivadas de cursos selectivos, os cursos superiores, as actuacións en colaboración, as xornadas, conferencias, seminarios e cursos monográficos, así como as actividades doutras administracións públicas (excepto as sinaladas) e as actividades de formación do persoal docente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do persoal sanitario e do persoal das forzas e corpos de seguridade.

Unha vez feitas estas advertencias, resta só sinalar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan será preciso formalizar a correspondente matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.

Este plan de formación foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión do día 19 de decembro de 2019.

De acordo co exposto, publícase como anexo a esta resolución o Plan de formación para o ano 2020 do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional (FC), do persoal ao servizo das entidades locais (LO), do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (FX), do persoal de administración servizos (PAS) das universidades galegas (UN) e o portal de idiomas (PI), o plan formativo ofimático de Galicia (OF) e o programa de autoformación (AF), dirixido a todos os destinatarios mencionados.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Cursos da Administración autonómica

Formación en materias transversais.

Título

Modalidade

Edicións

Prazas

Horas

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia

Telef.

1

50

25

A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas

Presen.

1

35

14

A innovación social no sector público

Presen.

1

35

12

Os contratos do sector público

Telef.

2

100

30

Aplicación práctica da Lei de contratos do sector público. A integridade e bo goberno na contratación pública

Mixto

2

70

24

Deseño de pregos de cláusulas administrativas particulares. Especial referencia ás cláusulas sociais e ambientais

Presen.

1

30

15

A axilidade na contratación pública: contratación menor e procedemento aberto simplificado

Presen.

1

30

15

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Telef.

2

100

25

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Telef.

2

100

25

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro

Telef.

1

50

25

O procedemento sancionador tras a Lei 39/2015 e a Lei 40/2015, do 1 de outubro

Telef.

2

100

20

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

Telef.

2

100

20

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

Telef.

2

100

30

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación

Telef.

1

50

20

Revisión dos actos en vía administrativa

Telef.

1

50

25

Transparencia e acceso á información pública

Presen.

1

25

18

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa

Telef.

1

50

25

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia

Telef.

2

100

25

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

Telef.

2

100

20

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral

Telef.

2

100

20

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público

Telef.

2

100

25

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia

Telef.

1

50

18

Réxime disciplinario do persoal empregado público de Galicia

Telef.

1

50

15

Nóminas e retribucións do persoal

Telef.

1

50

25

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións

Telef.

2

100

30

A xurisdición contencioso-administrativa

Telef.

1

50

25

Básico de subvencións e normativa aplicable

Telef.

2

100

30

Modificacións orzamentarias

Mixto

1

35

20

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

Telef.

1

50

20

Legalidade das actas de inspección. A función inspectora

Telef.

1

50

25

Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos

Telef.

1

50

20

O patrimonio cultural: retos cara ao Xacobeo 2021

Presen.

1

35

12

A protección do menor ante os medios de comunicación

Telef.

1

50

30

Regulación legal do acoso escolar (bullying)

Telef.

1

50

30

A accesibilidade universal

Telef.

1

50

25

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

Telef.

1

50

20

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos

Telef.

1

50

30

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

Telef.

1

50

24

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Coaching, a ferramenta para o cambio

Presen.

1

25

30

Autocad básico

Presen.

1

25

35

Autocad 2016-nivel avanzado

Presen.

1

25

35

Liderado e intelixencia emocional

Presen.

1

20

15

Ferramentas e técnicas para falar mellor en público

Presen.

1

20

15

Como traballar a educación emocional infantil

Presen.

1

30

15

Faite entender: a comunicación positiva e a arte de ler entre liñas

Presen.

1

30

15

Organización e simplificación do traballo administrativo

Telef.

1

50

12

Prevención e xestión de conflitos

Telef.

1

50

25

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

Telef.

1

50

30

Como deseñar presentacións eficaces

Telef.

1

50

20

Atención á cidadanía

Telef.

2

100

25

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

Telef.

1

50

20

Técnicas elementais de arquivos

Telef.

2

100

25

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

Telef.

2

100

20

Cambio e motivación nas organizacións

Telef.

1

50

15

Ética pública, os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia

Presen.

1

25

12

Xestión de persoas: mando, xestiono, lidero e dirixo

Presen.

1

25

12

Planificación e toma de decisións

Telepres.

1

25

16

O acoso psicolóxico na contorna laboral

Presen.

1

25

12

Ser a líder: o liderado e autoliderado feminino

Presen.

1

35

12

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral

Telef.

1

50

30

Marca persoal na Administración pública

Telepres.

1

35

15

Iniciación ao protocolo

Telef.

1

50

20

Protocolo avanzado

Telef.

1

50

20

Exercicio físico saudable e estilos de vida activos

Presen.

1

20

12

Coidado da saúde: actividade física e alimentación

Presen.

1

25

16

Correo electrónico corporativo

Telef.

2

100

12

Sistema de xestión de recursos humanos da Xunta de Galicia

Telef.

2

100

20

O teletraballo no sector público de Galicia

Presen.

2

40

6

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

Telef.

1

50

25

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Telef.

2

100

50

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Telef.

2

100

50

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no contexto da Lei 39/2015

Mixto

16

800

50

Procesos de dixitalización en oficinas de rexistro da Xunta de Galicia

Presen.

6

120

20

Seguridade da información na Xunta de Galicia

Telef.

4

200

30

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

Telef.

6

300

30

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

Telef.

4

200

40

Esquema Nacional de Seguridade para responsables de servizos e da información e coordinadores de seguridade

Telef.

1

50

25

Avanzado en comunicación e colaboración dixital. Enfoque e uso creativo das tecnoloxías dixitais

Telef.

1

50

30

Sistemas para a contratación electrónica

Telef.

2

100

30

Sistema electrónico de facturación (SEF)

Telef.

1

50

15

Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

Telef.

3

150

20

Lingua galega

Medio de linguaxe administrativa galega

Presen.

1

25

75

Superior de linguaxe administrativa galega

Presen.

2

50

75

Medio de linguaxe administrativa galega

Telef.

10

250

75

Superior de linguaxe administrativa galega

Telef.

9

225

75

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

Telef.

2

100

15

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

Formadores TIC

Presen.

1

20

12

Secretaría Xeral para o Deporte

Valoración da condición física saudable e prescrición de programas de actividade física

Presen.

1

25

15

Programas de actividade física saudable en centros de maiores dependentes da Xunta de Galicia

Presen.

1

25

25

Seguridade nas prácticas físico-deportivas: primeiros auxilios e prevención de lesións

Presen.

1

25

12

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Actualización en materia de tráfico e seguridade viaria

Presen.

1

25

12

Oficina de atención á cidadanía en materia de rexistro

Presen.

6

120

20

A pericia do traballo social no ámbito penal

Presen.

1

35

8

Intervención psicolóxica forense con persoas con discapacidade intelectual

Presen.

1

35

16

Condución segura

Presen.

1

24

9

Secretaría Xeral de Igualdade

Igualdade de xénero: perspectiva xurídica

Presen.

2

50

21

Violencia de xénero

Presen.

2

60

21

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

Telef.

2

100

30

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

Telef.

2

100

20

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

Telef.

6

300

20

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital

Telef.

6

300

20

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

Telef.

10

500

20

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

Presen.

5

125

20

O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos

Telef.

3

150

25

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Básico en prevención de riscos laborais

Telef.

2

100

50

Os primeiros auxilios

Telef.

2

100

20

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

Telef.

2

100

25

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

Telef.

2

100

15

Prevención de riscos laborais nas actividades agroforestais, mantemento e conservación de infraestruturas en espazos abertos

Telef.

1

50

20

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral

Telef.

1

50

20

Prevención de riscos laborais para o persoal veterinario

Telef.

1

50

20

Prevención de riscos laborais: seguridade nos traballos de laboratorio

Telef.

1

50

25

Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Presen.

4

100

12

Consellería de Facenda

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

Telef.

1

50

20

Xestión e control do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: especial referencia ás políticas antifraude e avance do período 2021-2027

Presen.

1

30

23

Certificación de Feder, FSE e POEX nos sistemas de información

Presen.

1

15

12

Operacións cofinanciadas polos programas operativos FSE Galicia e POEX 2014-2020

Presen.

1

30

15

Procedemento revisor da Administración tributaria

Telef.

1

50

20

A potestade sancionadora en materia tributaria: procedemento e réxime sancionador

Telef.

1

50

20

Nova aplicación de axuda á liquidación do imposto de sucesións (ALISe)

Presen.

6

95

12

Fiscalidade do patrimonio familiar

Telef.

1

50

20

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Sistema Tetra de comunicación

Presen.

1

30

15

Introdución á Lei do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. Redacción de informes

Presen.

1

30

15

Básico de sistemas de información xeográfica (SIX)

Presen.

1

25

30

Fundamentos de QGIS aplicado ao planeamento urbanístico no ámbito da Administración autonómica

Presen.

1

25

35

ArcGis aplicado á avaliación do planeamento urbanístico adaptado ás normas técnicas de planeamento

Presen.

1

25

35

Casos prácticos de desviacións ambientais nas inspeccións de actividades IPPC

Presen.

1

35

30

Identificación de hábitats de interese comunitario e manexo de XIS

Presen.

2

50

25

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Formación en materia de prevención para persoal que desempeña tarefas en estradas

Presen.

4

140

5

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Economía

Vixilancia do mercado e etiquetaxe de alimentos

Presen.

1

30

12

Contratos e obrigas no ámbito de consumo

Presen.

1

30

12

Emprego e Industria

Intermediación laboral: a xestión e difusión de ofertas de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia

Presen.

5

110

25

Elaboración de esbozos ou esquemas gráficos para informes técnicos

Presen.

1

25

12

Formación en orientación laboral

Telef.

2

100

25

Riscos psicosociais. Metodoloxía de avaliación da intervención psicosocial. Estudo de casos

Presen.

1

25

12

Mercado laboral e políticas activas de emprego en Galicia

Presen.

5

100

20

Exposición laboral á sílice cristalina respirable

Presen.

1

25

12

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Atención educativa e coidado do alumnado con necesidades derivadas do trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH)

Presen.

1

25

20

O coidado do alumnado con necesidades derivadas da discapacidade sensorial

Presen.

1

25

20

O coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de trastornos de conduta

Presen.

1

25

20

O coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD) e do trastorno do espectro autista (TEA)

Presen.

1

25

20

Xestión do persoal (docente e non docente) dun centro educativo a través da aplicación Xade

Telef.

1

50

20

O coidado do alumnado con necesidades derivadas da discapacidade motora

Presen.

1

25

20

Xestión das etapas de educación infantil, primaria e secundaria a través da aplicación Xade

Telef.

1

50

20

Consellería de Política Social

Os dereitos fundamentais na atención ás persoas en situación de vulnerabilidade social: evitar a discriminación, a aporofobia e o edadismo

Presen.

1

30

16

Coidados paliativos en centros residenciais de atención a persoas dependentes

Presen.

1

30

12

Execucións hipotecarias e desafiuzamento: análise da normativa desde o punto de vista do impacto social

Presen.

1

30

16

A intervención nas transicións entre medidas de protección

Presen.

1

30

22

Os programas baseados na evidencia para a atención á infancia

Presen.

1

25

22

Formación no uso de instrumentos para a valoración das situacións de risco, desprotección e desamparo na infancia e na adolescencia: Balora, Valórame

Presen.

1

30

22

A atención ao paciente xeriátrico en centros residenciais de atención a persoas dependentes

Presen.

1

30

15

A coordinación interinstitucional no ámbito dos servizos sociais e outros sistemas de protección

Presen.

1

30

16

Actividades de animación na terceira idade

Presen.

1

25

20

Uso das redes sociais pola mocidade

Presen.

1

20

8

Técnicas de mobilización de pacientes

Presen.

1

25

20

Consellería do Medio Rural

Execución do control oficial dos programas de seguridade alimentaria dos produtos de orixe animal dentro do marco establecido no Regulamento (UE) 2017/625, do Parlamento Europeo e do Consello

Presen.

1

30

20

O Fogga e a xestión dos fondos da PAC

Telef

1

50

40

Consulta de base de datos aplicada á explotación de datos estatísticos do sector agrogandeiro

Presen.

1

25

20

Xestión de grandes incendios forestais (GIF)

Presen.

1

35

30

Deseño, construción e conservación de infraestruturas rurais

Presen.

1

35

30

Novas aplicacións informáticas de gandaría (Xesgan, Sigan, Regan, Ingan, Mogan, Segal, Ficadi Maris, Ovgan)

Presen.

1

35

25

Actualización na lexislación en materia de aproveitamentos forestais

Mixto

1

35

30

Manexo de aplicacións cartográficas e de xestión en materia de incendios en dispositivos móbiles

Telef

1

50

25

Seguridade na extinción de incendios forestais

Telef

1

50

12

Consellería do Mar

Comercialización de recursos mariños e rastrexabilidade

Presen.

1

30

15

Identificación de especies: macroalgas e a súa explotación

Presen.

1

25

30

Identificación de especies: moluscos

Presen.

1

25

30

Formación en inspección pesqueira

Presen.

1

30

15

Tipos de artes e aparellos de pesca, finalidade e características

Presen.

1

30

15

Consellería de Sanidade

Principios de control de tratamento térmico en alimentos de baixa acidez e acidificados. Validación do tratamento térmico e control de peches

Presen.

1

25

20

Réxime sancionador de centros, servizos e establecementos sanitarios

Presen.

1

25

15

Acreditación de centros sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia. Novo protocolo

Presen.

1

25

20

Aspectos técnicos aplicables ás inspeccións de competencia do Servizo de Inspección Farmacéutica

Presen.

1

25

12

Inspección sanitaria en adegas

Presen.

1

25

12

Consellería de Cultura e Turismo

Axenda 2030 e bibliotecas: oportunidades e retos

Presen.

1

25

15

Accesibilidade comunicativa e cognitiva en recursos culturais

Presen.

4

120

12

A expurgación na colección das bibliotecas públicas

Presen.

1

25

12

Dixitalización e preservación de documentos electrónicos

Presen.

1

35

15

Cursos da Administración local

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local

Telef.

1

50

30

Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización

Telef.

1

50

30

Xestión de tesouraría municipal

Telef.

1

50

30

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Telef.

1

50

25

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Telef.

1

50

25

Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local

Telef.

1

50

30

A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación nas entidades locais

Telef.

1

50

25

O réxime xurídico das subvencións nas entidades locais. Especial referencia ao control interno

Telef.

1

50

25

Participación cidadá e transparencia no ámbito local

Telef.

1

50

25

Fiscalización e control de ingresos e gastos nos entes locais

Telef.

1

50

30

Planes de saneamento económico financeiro e de axuste nas entidades locais

Telef.

1

50

30

Creación e xestión de proxectos con fondos europeos para entidades locais

Telef.

1

50

25

Introdución á metodoloxía BIM (Building Information Modeling)

Telef.

1

50

30

Ferramentas de sistemas de información xeográfica (SIX) para entidades locais

Telef.

1

50

30

Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia

Presen.

1

35

20

Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

Presen.

1

35

20

O obxectivo de desenvolvemento social (ODS) nas entidades locais

Presen.

1

30

12

A figura do promotor de exercicio físico e saúde nos concellos galegos

Presen.

1

30

25

Xestión orzamentaria en entidades locais

Telef.

1

50

30

Funcións dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional tras a entrada en vigor do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo. Especial referencia ás funcións de tesouraría

Telef.

1

50

25

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Atención á cidadanía

Telef.

1

50

25

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

Telef.

1

50

30

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

Telef.

1

50

25

Básico de prevención de riscos laborais (PRL)

Telef.

1

50

50

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

Telef.

1

50

20

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

Telef.

1

50

30

Ofimática na nube Google Drive

Telef.

1

50

30

A implantación da Administración electrónica na Administración local

Telef.

1

50

25

Lingua galega

Medio de linguaxe administrativa galega

Telef.

1

25

75

Superior de linguaxe administrativa galega

Telef.

1

25

75

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

Telef.

1

50

15

Cursos da Administración de xustiza

Itinerarios formativos:

Civil

A custodia compartida nas crises matrimoniais

Telef.

2

100

17

Módulo I. Execución civil; disposicións xerais

Telef.

1

50

25

Módulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria

Telef.

1

50

25

Modulo III. Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais

Telef.

1

50

25

Módulo IV. Xurisdición voluntaria

Telef.

2

100

20

Módulo V. Concursal

Telef.

1

50

20

Módulo VI. O concurso de persoa natural que non sexa empresario desde unha perspectiva práctica procesual

Telef.

1

50

20

Social

Módulo I. Lexislación social I

Telef.

1

50

25

Contencioso

Módulo I. Contencioso I

Telef.

1

50

25

Penal

A prisión provisional como medida cautelar persoal no proceso penal

Telef.

1

50

30

Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrución

Telef.

1

50

20

Módulo II. Violencia de xénero e familiar. Tramitación

Telef.

1

50

30

Módulo IV. Actividades procesuais dos xulgados de instrución

Telef.

1

50

30

Coñecementos xerais oficina xudicial e fiscal

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito civil

Telef.

1

50

30

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito penal

Telef.

1

50

30

Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de xustiza

Telef.

1

50

25

Asistencia xurídica gratuíta

Telef.

1

50

20

Atención ás vítimas do delito e información á cidadanía

Telef.

1

50

30

Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)

Xustiza dixital

Telef.

1

50

30

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

Telef.

1

50

30

Integración das bases de datos de Minerva e boas prácticas no manexo da aplicación procesual

Telef.

1

50

30

Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia

Telef.

1

50

30

Introdución ao expediente xudicial electrónico

Telef.

2

100

30

Coñecementos transversais

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

Telef.

1

50

15

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

Telef.

1

50

25

Medicina forense

A morte homicida

Presen.

1

30

12

Claves para falar en público e atender aos medios de comunicación

Presen.

1

30

10

Atención integral en violencia de xénero

Presen.

2

58

21

Violencia de xénero desde a perspectiva socioasistencial

Presen.

2

60

20

Lingua galega

Curso superior de linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da CA de Galicia)

Telef.

1

25

75

Curso medio de linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da CA de Galicia)

Telef.

2

50

75

Curso superior de linguaxe xurídica galega

Telef.

1

25

75

Curso medio de linguaxe xurídica galega

Telef.

1

25

75

Cursos das universidades galegas

Réxime xurídico e actividade contable das administracións públicas

Aspectos básicos da xestión de persoal: a función pública de Galicia

Telef.

1

50

25

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións

Telef.

1

50

30

Os contratos do sector público

Telef.

1

50

30

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación

Telef.

1

50

20

Revisión dos actos en vía administrativa

Telef.

1

50

25

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro

Telef.

1

50

25

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa

Telef.

1

50

25

Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos

Telef.

1

50

20

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Atención á cidadanía

Telef.

1

50

25

Como deseñar presentacións eficaces

Telef.

1

50

20

O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos

Telef.

1

50

25

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

Telef.

1

50

20

Organización e simplificación do traballo administrativo

Telef.

1

50

12

Ética profesional na Administración pública e calidade de servizo

Telef.

1

50

25

Intelixencia emocional

Pres.

3

75

12

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Seguridade da información no ámbito das universidades públicas

Telef.

1

50

30

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

Telef.

1

50

30

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

Telef.

1

50

25

Xestión intelixente das redes sociais nas administracións públicas

Telef.

1

50

30

Lingua galega

Medio de linguaxe administrativa galega

Telef.

1

25

75

Superior de linguaxe administrativa galega

Telef.

1

25

75

Portal de idiomas

Lingua de signos

Presen.

2

50

40

Conversa en francés

Presen.

1

15

50

Conversa en inglés

Presen.

2

30

50

Conversa en inglés

Presen.

5

75

50

Conversa en portugués

Presen.

1

15

50

Conversa en alemán

Presen.

1

15

50

Inglés técnico-xurídico para o sector público

Presen.

1

20

50

Lingua inglesa. Nivel básico 2

Presen.

5

100

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1

Presen.

5

100

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1

Presen.

1

20

50

Lingua inglesa. Nivel básico 1 (nivel 1)

Telef.

1

75

50

Lingua inglesa. Nivel básico 1 (nivel 2)

Telef.

1

75

50

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 3)

Telef.

1

75

50

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 4)

Telef.

1

75

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 5)

Telef.

1

50

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 6)

Telef.

1

50

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 7)

Telef.

1

25

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 8)

Telef.

1

25

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 9)

Telef.

1

25

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 10)

Telef.

1

25

50

Lingua francesa. Nivel básico 1

Telef.

1

100

150

Lingua francesa. Nivel básico 2

Telef.

1

75

150

Lingua francesa. Nivel intermedio 1

Telef.

1

50

150

Lingua francesa. Nivel intermedio 2

Telef.

1

50

150

Lingua francesa. Nivel avanzado 1

Telef.

1

50

150

Lingua portuguesa. Nivel básico 1 e nivel básico 2

Telef.

2

230

100

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 1

Telef.

1

50

75

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 2

Telef.

1

50

75

Lingua alemá. Nivel básico 1

Telef.

1

75

70

Lingua alemá. Nivel básico 2

Telef.

1

50

70

Lingua alemá. Nivel intermedio 1

Telef.

1

25

70

Lingua alemá. Nivel intermedio 2

Telef.

1

25

70

Plan formativo ofimático de Galicia

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

Telef.

4

200

50

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

Telef.

3

150

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Telef.

7

350

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

Telef.

4

200

50

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Telef.

7

350

30

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

Telef.

4

200

30

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

Telef.

3

150

30

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2010)

Telef.

3

150

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux)

Telef.

1

50

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)

Telef.

4

200

30

Cursos de autoformación

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia

Autof.

1

200

18

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

Autof.

1

200

20

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral

Autof.

1

200

20

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia

Autof.

1

200

15

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público

Autof.

1

200

25

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

Autof.

1

200

20

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

Autof.

1

200

20

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

Autof.

1

200

20

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Autof.

1

200

25

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Autof.

1

200

25

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia

Autof.

1

200

25

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

Autof.

1

200

30

O réxime xurídico do silencio administrativo na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Autof.

1

200

12

Contratación estratéxica

Autof.

1

200

35

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica

Autof.

1

200

25

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Cooperación transfronteiriza e cohesión

Autof.

1

200

24

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

Autof.

1

200

24

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Cambio e motivación nas organizacións

Autof.

1

200

15

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

Autof.

1

200

15

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

Autof.

1

200

20

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

Autof.

1

200

30

Básico en prevención de riscos laborais

Autof.

1

200

50

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

Autof.

1

200

15

Prevención e xestión de conflitos

Autof.

1

200

25

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

Autof.

1

200

30

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

Autof.

1

200

20

Como deseñar presentacións eficaces

Autof.

1

200

20

Técnicas elementais de arquivos

Autof.

1

200

25

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

Autof.

1

200

25

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos

Autof.

1

200

20

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Autof.

1

200

50

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Autof.

1

200

50

Correo electrónico corporativo

Autof.

1

200

12

Plan formativo ofimático de Galicia

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

Autof.

1

200

50

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

Autof.

1

200

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

Autof.

1

200

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Autof.

1

200

50

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office)

Autof.

1

200

30

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Autof.

1

200

30

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

Autof.

1

200

30

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2010)

Autof.

1

200

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux)

Autof.

1

200

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)

Autof.

1

200

30