Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2020 Páx. 1176

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 13 de decembro de 2019 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

DISPÓN:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

Pinceladas ocultas. 16 €.

Pensando como un museo: Propostas teóricas e prácticas de actuación museolóxica. Museo de Belas Artes da Coruña 1995-2018/número 2, 2019. 15 €.

I am light. 25 €.

Santomé: Conxunto arqueolóxico natural. 11 €.

Colección Abrente: Arte galega no desafío cultural dos 70. 10 €.