Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2017/30-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado 1 para o recuamento da LMT SAD-704 no lugar de Lorbé, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2017/30-1), mediante resolución desta xefatura territorial, do 11 de decembro de 2019, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 6 de febreiro de 2020 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Oleiros, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 7 de outubro de 2019, no BOP do 20 de setembro de 2019 e no xornal La Voz de Galicia do 27 de setembro de 2019, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará a notificación individual sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 20 de decembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña