Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1532

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN118A).

BDNS (Identif.): 490588.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Segundo. Obxecto

Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. Estas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 16 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN118A).

Cuarto. Importe e duración

Unha bolsa cunha duración máxima de doce meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 30 de decembro de 2020.

A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2019

A directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
P.A. (Artigo 13.4 do Decreto 118/2016)
Mª Jesús Muñoz Chesa
Xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia