Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1420

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2019/20, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

BDNS (Identif.): 490603.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2019/20, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 100.000 euros.

Para determinar a contía da axuda que se lle concederá a cada solicitante teranse en conta, como criterios de distribución, os seguintes limiares de renda per cápita:

Limiares de renda

Contía da axuda

Ata 5.000 €

2.750 euros

De 5.001 € a 5.700 €

2.250 euros

De 5.701 € a 6.400 €

1.750 euros

De 6.401 € ao importe da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, multiplicada por 1,5

1.500 euros

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida. Nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2020, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da orde.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional