Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1666

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR803D).

BDNS (Identif.): 490682.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as entidades recoñecidas como axentes de cooperación para o desenvolvemento pola Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, ben individualmente ou mediante unha agrupación de entidades:

– Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.

– Universidades.

– Empresas e organizacións empresariais.

– Sindicatos.

– Comunidades galegas no exterior.

– Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

Non se considerarán agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación a que pertenza a devandita entidade, ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.

Segundo. Obxecto

Estas bases regulan a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación (código de procedemento PR803D).

Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a acción humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR803D).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destinase un crédito total de 4.715.458,00 €, de acordo coa seguinte distribución:

– Para proxectos no exterior de ONGD por un importe total de 4.015.458,00 € (1.606.183,00 € no ano 2020 e 2.409.275,00 € no ano 2021) que se financiarán con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.26.331A.490.0, por un importe total de 4.000.833,00 € (1.600.333,00 €, no ano 2020 e 2.400.500,00 € no ano 2021), e a aplicación 05.26.331A.790.0, por un importe total de 14.625,00 € (5.850,00 € no ano 2020 e 8.775,00 € no ano 2021).

– Para proxectos no exterior dos outros axentes por un importe total de 700.000 € (280.000 € no ano 2020 e 420.000 € no ano 2021) que se financiarán con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.26.331A.490.0, por un importe total de 695.000,00 € (278.000,00 € no ano 2020 e 417.000,00 € no ano 2021), e a aplicación 05.26.331A.790.0, por un importe total de 5.000,00 € (2.000,00 € no ano 2020 e 3.000,00 € en 2021).

O importe máximo que se poderá financiar será dun 95 % do orzamento total do proxecto e en ningún caso a subvención concedida superará os 175.000 € para proxectos plurianuais. Para proxectos que se executen só durante o ano 2020 a subvención máxima concedida será de 60.000 €.

Nos proxectos presentados por varias entidades en agrupación, a subvención concedida non superará o límite dos 225.000 €. Para proxectos en agrupación que se executen só durante o ano 2020 a subvención máxima concedida será de 100.000 €.

A subvención concedida aos proxectos plurianuais distribuirase do seguinte xeito: o 40 % no ano 2020 e o 60 % no 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza