Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1765

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3236/2019-PM).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección 1 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3236/2019 desta sección, seguido por instancia de María Luz Pena Campos, María José Blanco Pena, José Luis Blanco Pena contra a empresa Área Minera del Atlántico, S.L., Mapfre España Seguros y Reaseguros, S.A., José Ramón Manín Palmeiro, Excavacións y Transportes Manín, S.L., representante legal Juan Carlos Rodríguez Maseda en representación de Dictum Estudio Jurídico y Económico, S.L., Ecesa Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A., Mapfre Seguros de Empresas, S.A., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por María Luz Pena Campos, María José Blanco Pena e José Luis Blanco Pena contra a sentenza ditada o 20.11.2018 polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, en autos nº 201/2017 sobre indemnización de danos e perdas, seguidos pola súa instancia contra Mapfre Seguros y Reaseguros, José Ramón Manín Palmeiro, Escavacións y Transportes Manín, S.L., Área Minera del Atlántico, S.L., Dictum Estudio Jurídico y Económico, S.L., Ecesa Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Área Minera del Atlántico, S.L., Dictum Estudio Jurídico y Económico, S.L. e Ecesa Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza