Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 229/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 229/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Calo Alborés contra Limpintegra XXI, S.L., Lexaudit Concursal, S.L.P., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño: non procede despachar a execución solicitada, por encontrarse a entidade executada Limpintegra XXI, S.L. en situación de concurso declarado polo Auto do 27.7.2017, ditado no procedemento concurso ordinario 447/2017 polo Xulgado do Mercantil número 12 de Madrid.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza