Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1772

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 810/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 810/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Alonso Prado contra Hostelería y Turismo As Mariñas, S.L., Lanzada Gestión Turística, S.L., Hotel Villa de Betanzos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é o seguinte:

«Resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Pablo Alonso Prado contra as entidades Hostelería y Turismo As Mariñas, S.L., Lanzada Gestión Turística, S.L. e Hotel Villa de Betanzos, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 4 de setembro de 2019, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data do despedimento (4 de setembro de 2019), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando solidariamente as entidades Hostelería y Turismo As Mariñas, S.L., Lanzada Gestión Turística, S.L. e Hotel Villa de Betanzos, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 6.693,03 euros.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número: ES55 0049 3569 92 0005001274, debendo consignar no concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lanzada Gestión Turística, S.L. e Hotel Villa de Betanzos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza