Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 13 de decembro de 2019 polo que se notifica comunicación en que se require acreditación de cumprimento de resolución ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/78/2013.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o 24 de outubro de 2019 comunicar a César Rodríguez López que no caso de non acreditar o cumprimento da Resolución do 19 de abril de 2014, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística número LUG/78/2013, iniciaríase a execución forzosa desta.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela comunicación a César Rodríguez López, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita comunicación mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da comunicación que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas en Salgueiriños, rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland, 1º andar, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela 13 de decembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística